Subida ao Mauxo 2018 "A memoria do lume"

Nome da proba:Subida ao Mauxo 2018 "A memoria do lume"
Organiza:Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo
Modalidade:Andaina
Data:09-02-2018
Distancia do percorrido:5 km
Información:O día 15 de outubro do pasado ano un incendio forestal, dunhas dimensións ata entón descoñecidas no contorno periurbano da cidade, calcinou máis de 1800 hectáreas nos concellos de Vigo e Nigrán, provocando a morte de tres persoas. A parroquia de Coruxo padeceu con toda a crueza os efectos daquel lume, vendo perigar as vidas e propiedades dos seus veciños e veciñas nun evento que reducíu a cinzas o 73% do monte comunal, así como a maior parte das propiedades particulares de carácter forestal ou tomadas. De maneira fulgurante e a unha velocidade de vértixe, fomos sacudidos por un novo tipo de catástrofe para a cal non estábamos preparados: os incendios de quinta xeración, alimentados por décadas de abandono do medio rural e polos efectos do cambio climático.

O próximo domingo día 2 de setembro subiremos andando -un ano máis- ao cume de maior altitude da nosa parroquia: o Maúxo Grande. Mais nesta ocasión a camiñata vai ter un carácter especial. A piques de se cumplir o 1º aniversario do tráxico incendio forestal, a próxima subida ao Maúxo será unha actividade para a observación e a reflexión, un roteiro interpretativo a través da paisaxe queimada. Realizaremos diversas paradas, nas cais analizaremos os efectos do lume na vexetación e no solo, o impacto sobre a fauna, os procesos de erosión que se produciron e os traballos de voluntariado realizados para intentar mitigar os seus efectos; a xestión do monte post-incendio, a recuperación vexetal e a resposta que están a manifestar os distintos tipos de árbores, o problema das especies invasoras (nomeadamente, a acacia negra e o eucalipto), o papel das árbores autóctonas na loita contra o lume, etc.

Lonxe de ser un motivo para o derrotismo, o incendio do ano 2017 ten que marcar un ponto de inflexión na nosa relación co monte e co medio natural, movéndonos a idear novas formas de tratamento e restauración dos montes queimados, así como a procurar outros modelos distintos de ordenación forestal e do territorio que aumenten a capacidade de resistencia e resiliencia dos nosos espazos forestais fronte aos dous maiores desafíos que terán que afrontar no futuro: os grandes incendios forestais e a mudanza climática.
Inscripción:Inscripción gratuita no número de WhatsApp 610664993
Publicar un comentario