XII Andaina popular rutas de sendeirismo

Nome da proba:XII Andaina popular rutas de sendeirismo
Organiza:Concello de San Cibrao das Viñas
Modalidade:Andaina
Data:16-09-2018
Distancia do percorrido:16,9 Km
Información:Vaise realizar sobre dous tramos circulares un tramo A de 9,5 quilómetros e un tramo B de 7,4 quilómetros con punto central na Boutureira.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.

Avituallamentos líquidos nos quilómetros 7,8 e 14,9.

Tódolos participantes que acaben a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo.

Haberá premio para o Clube con máis participantes. Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.
Inscripción:A. Nas tendas de deportes
Armería O Vinteún (988 373 766) e Intersport Bouso (988 226 592).

Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, e realizando o pago da inscrición (6€) e opcionalmente o importe do tícket do pulpo (9€) na propia tenda.

B. No Concello de San Cibrao das Viñas
O teléfono do Concello é o 988 381 034, e a inscrición debe facerse do seguinte xeito:

Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na conta ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 13 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, para recoller o dorsal.
Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina ó mesmo prezo pero sen reserva previa.
Publicar un comentario