5ª Andaina - Gymkana Viños de Monterrei

Nome da proba:5ª Andaina - Gymkana Viños de Monterrei
Organiza:Concello de Monterrei
Modalidade:Andaina
Data:06-10-2018
Distancia do percorrido:19
Información:Achégate a Monterrei e coñece o seu patrimonio
cultural, natural, material e inmaterial, mediante
a práctica dunha actividade saudable e inclusiva
como é o sendeirismo de baixa intensidade.

O percorrido estará debidamente balizado, terá
unha distancia de 19 km. O tempo total para
facelo non poderá superar as 5 horas (n ás 15:00
horas).

Ao longo do percorrido haberá 2 puntos de
avituallamento, que actuarán tamén como
puntos de control, e que xunto co instalado na
saída terán a nalidade de prover aos
participantes de auga e comida durante o
desenvolvemento da proba. Asemade, e por
cortesía das diferentes adegas do Concello de
Monterrei, ao rematar a proba existirá un punto
de degustación e sortearanse varios lotes de
viño xunto con outros regalos.

recepción, saída e chegada
Alameda do Concello de Monterrei, Rúa
Fontiñas s/n (Albarellos, Ourense)
41º57´4.86´´Lat. N/7º29´46.85´´Lonx. W
X 624.625.21 / Y 4.645.468.07
Inscripción:5 Euros / persoa
(nº máximo de participantes: 300
idade mínima: 16, para menores haberá unha
gymkana e actividades infantís. Os menores de
7 anos deberán estar acompañados sempre dun
adulto responsable)

inscrición do 17 de setembro ao 5 de outubro en:
Concello de Monterrei Rúa Fontiñas s/n
(Albarellos, Ourense)

Multisport Verín Rúa Irmáns Moreno 19
(Verín, Ourense) Teléfono: 988410665

Deportes Redonet Rúa Ervedelo 21
(Ourense) Teléfono: 988222692
Publicar un comentario