Ruta Solidaria 2018, a favor da Asociación “Misela”

Nome da proba:ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DA MISELA
Organiza:CLUB DE SENDERISMO TRABANDAINAS
Modalidade:Andaina
Data:06-10-2018
Distancia do percorrido:15 km
Información:Ruta Solidaria 2018, a favor da Asociación “Misela”

• Data: 6 de Outubro, ás 9:00 horas
• Ruta Circular de 15 km
• Dificultade: Media – Baixa
• Punto de encontro: Alameda, diante do Concello de Noiahttps://goo.gl/maps/eRopoETDWi52
• Prezo:
o Adultos: 5 €
o Nenos: 3 €
o Desexo contribuír aínda sen poder participar: 5 €
• Inscricións:
o Para realizar a inscrición deberase cumprimentar o formulario do seguinte enlace:
http://solidariamisela.galitiming.com/
o Inicio: Sábado, 1 de Setembro
o Peche: Xoves, 4 de Outubro
• Hora de reunión, para control: Ás 8:30 horas
• Hora de saída: Ás 9:00 horas
• Aconséllase calzado adecuado e bastóns
• Disponse de varias fontes para repoñer auga fresca ao longo do percorrido
• Haberá servizo de avituallamento.
• Os nenos deberán ir acompañados por un adulto
• Información:
o Esta ruta vaise levar a cabo na súa totalidade na contorna de Noia
o Está organizada polo Club de Sendeirismo Trabandainas
o A recadación acadada será doada á Asociación para persoas discapacitadas “Misela”
o Cóntase coa colaboración desinteresada do Concello de Noia
o Detalles da ruta:
 Atravesaremos a Ponte sobre da Ría de Noia
 Realizaremos un percorrido polo entorno das praias de Testal e Taramancos
 Pasaremos pola aldea de Taramancos
 Pasearemos polo Camiño Real dende o Obre, pasando por Balbargos ata chegar a Beiro
 Pasaremos pola aldea e parroquia de Argalo
 Achegarémonos á Fervenza de Argalo, para poder admirar o seu entorno
 Camiñaremos en dirección a Noia pola beira do río Vilaboa
 Na Praza do Tapal poderemos degustar dun avituallamento final.


• Máis información:
o Teléfono do club: 683 35 42 97
o E-mail: clubtrabandainas@gmail.com
o Facebook
 Trabandainas
https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175/
Inscripción:http://solidariamisela.galitiming.com/
Publicar un comentario