VIII Andaina solidaria 2018 "Canóns do Arnoia"

Nome da proba:VIII Andaina solidaria 2018 "Canóns do Arnoia"
Organiza:Concello de Baños de Molgas
Modalidade:Andaina
Data:7-10-2018
Distancia do percorrido:3km (infantil) - 9km (dif. media) - 16km (dif. media-alta)
Información:O Concello de Baños de Molgas organiza a VIII Andaina solidaria, neste caso, para colaborar coa asociación POR ELES TEA OURENSE que traballa na atención psicolóxica destinada aos nenos con TEA (Trastorno do Espectro Autista) co fin de poder servir a todas aquelas persoas diagnosticadas e ás súas familias, durante todas as etapas do ciclo vital, dando asesoramento, terapias, actividades e tempo de ocio para construír unha identidade colectiva.

Os participantes poderán gozar da natureza en estado puro, percorrendo unha das zonas máis fermosas do noso municipio, os CANÓNS DO ARNOIA.

A Andaina terá lugar o domingo 7 de outubro, con saída ás 9:00h para o percorrido de 16 km e ás 10:00h para os de 9 km e 3 km (Infantil), dende a antiga Estación de FF.CC. – Estacións Vivas Inorde.
Inscripción:Inscrición individual a través do enlace: Andaina 2018
Publicar un comentario